HomesociedadeA Feira do Viño de Amandi xa ten cartel e programación

A Feira do Viño de Amandi xa ten cartel e programación

O Miradoiro de Soutochao, en Sober, foi o escenario escollido esta mañá para a presentación da imaxe e da programación da feira deste ano.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, deu a coñecer oficialmente o cartel anunciador e a programación da XXXXIX edición da Feira do Viño de Amandi esta mañá no espectacular e soleado miradoiro do lugar de Doade.

No acto estivo acompañado do autor do cartel, o monfortino Rodrigo Coucheiro, de Raquel Arias, Delegada Territorial da Xunta, e dunha representación de adegueiros de Sober. Gran representación de medios deron conta do mesmo nunha mañá de sol espectacular e ao remate convidouse a unha degustación de viños de Amandi con aperitivo incluído.

Rolda de prensa no Miradoiro de Soutochao / XdL

O rexedor soberino deu conta da programación do “Mes do Amandi”, con abondosas actividades que se desenvolverán durante o tempo que transcorra ata as datas da feira, os días 13 e 14 de abril, e tamén da propia programación deses días, na fin de semana grande do evento.

Tamén presentou o cartel e ao seu autor, Rodrigo Coucheiro, deseñador afeccionado quen agradeceu a oportunidade do concello con este tipo de concursos para que xente que se dedica, profesionalmente ou non, ao deseño gráfico poda presentar as súas obras. Tamén dixo que a Ribeira Sacra ten moitos elementos onde inspirarse como poden ser as paisaxes, os sabores…

Rodrigo Coucheiro, autor do cartel gañador / XdL

En relación á obra o autor dixo que quería facer algo sinxelo e con moito colorido para conseguir que quede con máis facilidade a imaxe no espectador. Na composición feita representa elementos propios e característicos de Sober en relación á súa paisaxe e á súa viticultura, cun estilo de inspiración moi ‘Bauhaus’. Nel aparece unha botella de Amandi, unha copa de viño tinto, o sol, a ponte de Doade e liñas rectas que, segundo o autor, representan de forma simbólica os bancais das viñas.

En vindeiras edicións daremos conta ao detalle da programación de actividades, que son moitas e variadas.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...