HomeCulturaSarria vaise de ‘Cantos de Taberna’

Sarria vaise de ‘Cantos de Taberna’

O vindeiro sábado 30 de marzo terá lugar a 'Estremonía Cantada' por bares e tabernas da localidade entre as 18:00 e as 22:00 h. Nesta edición participan dezaseis grupos de cantareiras/os tradicionais.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria, a Asociación Cultural Peleiriños e a Sociedade Cultural e Recreativa “La Unión” organizan este encontro tradicional polos establecementos participantes da vila dándolle este sábado un ambiente festivo que promete ser espectacular.

Sarria celebra a VI edición dos Cantos de Taberna e será unha “Estremonía Cantada” das 18:00 ás 22:00 h. con 16 grupos de música tradicional que encherán de boa música e cantos da nosa terra as tabernas e bares colaboradores.

Para o desenvolvemento do evento haberá dúas rutas, unha bautizada como ‘Ruta Tinto’ e outra como ‘Ruta Branco’.

Na denominada ‘Ruta Tinto’ están os establecementos: Roberto, Santiago, Adarve, As The Picas, España, Triskel, El Parisién e D’Orixen. As formacións tradicionais deste itinerario son: Birloque Gaiteiros, A Rebolaxe, Os Estoupafoles, Gaiteiros de Goián, Os Tabernos, Son de Lugh, Os Sobraos de Bergondo e Os corenta e Chinco Bois.

A ‘Ruta Branco’ transcorrerá polos locais: Tapas, Camiño Francés, Casino, D’Pont, Central, Xarope, Montecarlo e Travesía dos Soños. Os grupos que amenizarán este percorrido taberneiro: Son do Mao, Sons do Caseto, A.C. Andrade, Antaruxas e Sorteiros, Lendas Bohebrias, Os Tronchudos, Cantareiros da Unión e Skachakunchas.

Para o remate dos Cantos de Taberna está prevista unha cea no local social de “La Unión” ás 22:30 h. sendo necesario chamar ao número 696654558 para facer a reserva. Encargarase de amenizar esta cea ‘fin de festa’ Arremecághona’s Producións.

Para os interesados/as en coñecer ao detalle os horarios das dúas rutas pode acceder aquí.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...