HomeEconomíaA Mostra do Aceite de Quiroga busca 6 colleiteiros

A Mostra do Aceite de Quiroga busca 6 colleiteiros

O vindeiro 3 de abril remata o prazo para que os interesados/as en participar na edición deste ano formalicen a inscrición no Concello de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

A cultura e o cultivo do aceite na Comarca de Quiroga vai a máis, isto é unha realidade, pero o número de colleiteiros/as que poden participar no día grande de promoción e comercialización deste ouro líquido segue limitado a seis.

Dende o concello informan que o prazo para anotarse remata o vindeiro día 3 de abril e que a selección farase por rigoroso orde de inscrición no rexistro de entrada das oficinas municipais coa condición indispensable de que o aceite presentado obteña un resultado óptimo validado nunha análise química e organoléctica que realizará un laboratorio especializado.

Recinto feiral nas Farrapas de Bendilló, Quiroga. Foto: XMF

Así, pois, para poder optar a un posto o vindeiro día 12 de maio na XIX Mostra do Aceite, ademais da inscrición formal e en prazo, os interesados/as deben:

-Presentar dúas mostras de aceite, unha dun litro en envase de cristal para a análise correspondente e outra de 250 Cl para a cata previa.

-Aboar 100 euros ou un pago en especie, facilitando a cantidade de aceite equivalente a ese importe, en concepto de inscrición.

-Acreditar ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

A Comisión Organizadora tamén se encargará o propio día da Mostra, domingo 12 de maio, de recoller botellas ao chou dos aceites participantes para a súa cata oficial na Capela das Farrapas, onde o Muíño de Bendilló.

Na páxina web do concello está dispoñible o formulario de inscrición.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...