HomeEconomíaChantada acolle unha xornada sobre cunicultura, sector en auxe en Galicia

Chantada acolle unha xornada sobre cunicultura, sector en auxe en Galicia

A IV Xornada Técnica de Cunicultura "Retos do presente e do futuro" desenvolverase este mércores, día 3 de abril, na Casa Quinteliña, en Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Galicia é, na actualdiade, a principal produtora de carne de coello en España. Para incentivar a creación de explotacións e mellorar a súa xestión organízanse estas xornadas que se serán ianuguradas ás 10.30 por, Antonio Hermida Iglesias, Director Comercial de Evialis Galicia. Ás 10.40 presentarase o “Estudo Técnico de Resultados de Granxas despois da Desmedicalización.”

Ás 11.00 abordaranse os “Puntos Clave para a prevención fronte á Mixomatose”. Ás 11.30  Ignacio Badiola, Director de Subprograma de enfermedades endémicas, IRTA, falará da “Coccidiose en granxas cunícolas”. Pecharase a xornada de mañá falando da “Climatización en granxas cunícolas” e da “Bioseguridade: DDD”

A xornada de tarde comezará ás 14.00 horas afondando na “Diasgnose e Patoloxía dixestiva en coellos”. Ás 16.45 abordarase a “Salmonella, unha desagradable compañeira de viaxe”. As xornadas clausuraranse ás 18.00 horas.

ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...