Homesociedade8.000 reservas no que vai de ano para unhas rutas fluviais máis...

8.000 reservas no que vai de ano para unhas rutas fluviais máis accesibles

A Deputación vén de contratar o servizo de catamaráns por 575.000 euros. Para este ano aseguran que as rutas introducirán melloras para facelas máis accesibles e con máis atención ás diversidades.

Publicado o

- Advertisement -

Neste 2019, as rutas fluviais de Belesar e Doade introducirán melloras para adaptar as viaxes ás persoas con capacidades diferentes, tanto a nivel físico como de comprensión. No eido da accesibilidade, instalarase un mecanismo de salva escaleiras, que serve para facilitar o descenso dende o aparcadoiro ata a zona do embarcadoiro. Tamén se instalarán ramplas móbiles e cintos de seguridade para as persoas en cadeiras de rodas.

Para as persoas con capacidades diferentes, introduciranse melloras para reforzar e facilitar a comprensión das rutas, a través de unidades en braille ou audioguías, entre outras iniciativas.

Tamén se contempla, no ámbito educativo, a realización de unidades didácticas para que os nenos que realizan as visitas en catamarán traballen antes e despois da viaxe e poidan deste xeito comprender mellor a información das Rutas Fluviais.

Reservas das rutas

Polo momento, e ata final de ano, fixéronse preto de 8.000 reservas das Rutas Fluviais da Deputación. Os interesados en reservar viaxe poden facelo na web www.reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas no teléfono 982 260 196 e no e-mail catamaranes.turismo@deputacionlugo.org.

ÚLTIMAS

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...

A información pública a solicitude das autorizacións administrativas do proxecto de baterías “Bess Belesar” que prevé a creación dunha faixa cortalumes ante o risco...

A instalación dunha planta de almacenamento de enerxía mediante baterías denominada 'Bess Belesar', en...

Carude festexa o ‘Octoberfest’

En Carude son moi amigos e amigas da festa e calquera escusa é boa...