HomePolíticaEsperta Monforte denuncia dificultades no acceso a San Vicente

Esperta Monforte denuncia dificultades no acceso a San Vicente

Segundo Esperta Monforte, desde o pasado 3 de abril a rotura da tapa dun colector sinalizouse, dificultando o acceso de vehículos no espazo que queda

Publicado o

- Advertisement -

Esperta Monforte asegura que non critica a sinalización, senón o retraso do Concello de Monforte en arranxar dita tapa. Lembran que San Vicente é lugar de visita obrigado para moitos turistas que acoden a coñecer o monumento ou a hospedarse no Parador e acusan ao equipo de goberno de ter aos veciños desta zona e aos turistas “nun estado total de abandono”.

O colector, ubicado nunha das zonas máis estreitas da subida hacia San Vicente, dificulta, segundo Esperta Monforte, o acceso de turismos a unha das zonas máis emblemáticas da cidade. “Xeralmente é unha zona de conflito polo estreita que é a estrada nese tramo e se aínda, por riba, temos a sinalización no centro da rúa, o acceso tense que facer polas beiras da mesma.”

A formación política asegura que leva no seu programa electoral unha serie de medidas de mellora e dinamización dos problemas de tránsito do tráfico rodado nesta zona.

Sinalización San Vicente / Esperta Monforte

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...