Homesociedade120 desempregados en 61 concellos lugueses terán contrato co programa Aprol Rural

120 desempregados en 61 concellos lugueses terán contrato co programa Aprol Rural

A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas do programa Aprol Rural 2019, que destina 1,5 millóns de euros para impulsar a contratación de 120 traballadores desempregados en 61 concellos rurais da provincia.

Publicado o

- Advertisement -

O orzamento medra na provincia nun 11% con respecto ao 2018, e os 17 Concellos Emprendedores, que tiveron prioridade á hora de acceder a estes apoios, logran o dobre de contratos que os municipios que non contan con este distintivo autonómico que busca favorecer a actividade industrial na Comunidade.

Os Concellos Emprendores son Taboada, Quiroga e Ribas de Sil, cadaún con dous traballadores e unha subvención de 26.300 euros; Folgoso do Courel con 3 traballadores e unha subvención de 39.450 euros; O Saviñao con 4 traballadores e 50.179 euros de subvención e Monforte, tamén con 4 traballadores e 52.600 euros de subvención.

Os desempregados poderán contratarse para o desenvolvemento de actividades de silvicultura, limpeza de montes, a xestión da biomasa, a valorización forestal ou a planificación preventiva. O obxectivo é proporcionar ás persoas sen traballo que habitan nos concellos rurais de Galicia, unha experiencia práctica e profesional necesaria para facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

A Administración Autonómica mellorou este ano esta iniciativa, eliminando os límites de contratación por concello e incentivando con máis contratos ás localidades fusionadas e ás adheridas ao protocolo de Concellos Emprendedores. Tiveron prioridade os municipios con maior superficie forestal. Aumentouse, ademais, a contía media por traballador, que este ano se sitúa nos 13.176 euros, preto dun 20% máis que o exercicio anterior.

Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral. Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e a duración dos contratos será de 9 meses e a tempo completo.

Lugo foi a provincia galega na que máis baixou o desemprego no último mes e no último ano.  En marzo, 346 lucenses atoparon emprego e hai 1.688 desempregados menos que hai un ano. Segundo a administración autonómica, o  desemprego caeu en colectivos prioritarios para a Xunta, como os menores de 30 anos e parados de longa duración.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...