HomeSucesosColisión por alcance en Monforte

Colisión por alcance en Monforte

No suceso non houbo feridos, soamente danos materiais

Publicado o

- Advertisement -

Hai escasos minutos produciuse unha colisión por alcance na Ronda Emilia Casas Baamonde de Monforte no que se viron implicados 3 vehículos.

O accidente produciuse na incorporación da saída do Hospital Comarcal a dita vía. O sinistro non provocou danos persoais, pero si materiais.

Esta intersección é bastante problemática pola moita circulación e polas continuas infraccións que cometen os vehículos, segundo afirma un veciño da zona. “Cando veñen da rúa Corredoira e teñen que incorporarse á ronda para xirar á esquerda empregan como carril de incorporación un que non o é, hai coches que quedan no medio para xirar invadindo o carril de paso… e moitas máis que vexo día a día” comentaba o veciño.

Para esta interesección e para a que hai a poucos metros anunciou non hai moito o concello unhas obras de mellora consistentes en dúas rotondas.

Ata o lugar do suceso desprazouse unha patrulla da Policía Local para dar conta do sucedido.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...