HomeCulturaDespois de “Nacer Viño”, lendas e misterios no segundo episodio de Adegas...

Despois de “Nacer Viño”, lendas e misterios no segundo episodio de Adegas da Memoria

Este xoves, día 11 de abril, ás 20.00h, estréase o segundo episodio de Adegas da Memoria. Proxectarase no ciclo Cine e Máis e online a través da web do proxecto que promove o Concello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur, no Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

‘Somos soños’ é o título do segundo episodio de ‘Adegas da Memoria’, unha serie documental que indaga no presente e pasado da Ribeira Sacra dende a parroquia de Vilachá. Con este episodio xa serán dous os publicados na primeira tempada da serie, que baixo o título ‘A Humanidade do Patrimonio’, ten por obxectivo que sexan os propios veciños os que presenten o seu territorio. ‘Somos soños’, céntrase nas lendas asociadas a Vilachá, como o temible alláparo, ou o misterio do santo fuxitivo.

O vídeo proxectarase ás 20:00h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón, dentro do ciclo ‘Cine e máis’. Tras a proxección segue a programación do ciclo cunha charla e debate co xeógrafo Xose Constenla, autor de O colapso territorial en Galiza (Xerais).

O vídeo estará dispoñible, tamén desde 20:00 horas na páxina web (www.adegasdamemoria.com) e nos perfís de Facebook (@adegasdamemoria) e Vimeo de Adegas da Memoria.

Adegas da Memoria

A serie ‘Adegas da Memoria’ enmárcase nun proxecto homónimo que promove o Concello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá para dinamizar a Ribeira desde a perspectiva das persoas que viven e traballan nela. Ademais, coa colaboración do Incipit-CSIC, vaise levar a cabo o primeiro gran estudo sobre as orixes da Ribeira Sacra, desde un achegamento multidisciplinar no que participarán máis de quince científicos nos ámbitos da etnoarqueoloxía, a arqueoloxía da arquitectura e a edafoloxía.

ÚLTIMAS

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...