HomeEconomíaObras en dúas estradas da Estación, na Pobra do Brollón

Obras en dúas estradas da Estación, na Pobra do Brollón

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará obras de mellora do firme de dous viais na contorna desta parroquia cun investimento de 127.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro,  explicou que os traballos teñen incidencia nunha lonxitude total próxima aos 2,4 quilómetros.

As dúas estradas autonómicas, afectadas polo proxecto, conectan nesta zona: a LU-652, que accede ao barrio da Estación dende Bóveda e que será mellorada dende a súa conexión coa N-120; e a LU-933 -Monforte de Lemos-A Rúa- dende o enlace coa LU-652 ata o cemiterio.

A actuación comezará pola LU-652, na que se mellorarán en total preto de 1,5 quilómetros -puntos quilométricos 10,840 a 12,330- e na LU-933 actuarase en 900 metros, dende o punto quilométrico 11,150 ao 12,050.

As obras programadas suporán dotar a estes treitos dunha nova capa de rodaxe con mestura asfáltica en quente. Posteriormente, pintaranse as marcas viarias.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) será quen execute os devanditos traballos no marco do contrato de conservación ordinaria e vialidade das estradas da rede autonómica na zona sur da provincia de Lugo.

O inicio das obras está programado para despois da Semana Santa, sempre que o clima sexa propicio para levar a cabo os traballos.

 

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...