HomePolíticaAs 15 medidas de urxencia que propón impulsar Agroma Sober

As 15 medidas de urxencia que propón impulsar Agroma Sober

Este venres, 19 de abril, ás 20.00 horas celebrarase unha asemblea aberta para ultimar a candidatura que se presentará o sábado 20 de abril. Convidan á cidadanía a que se sume.

Publicado o

- Advertisement -

Agroma Sober lanza 15 medidas que se compromete a impulsar no primeiro ano de lexislatura, de chegar ao Goberno local. Entre as priodidades destacan:

  • Apoio ás Comunidades de Montes en Man Común e implicación das mesmas na elaboración dun Plan de Desenvolvemento Rural que inclúa a aposta polo sector da castaña, da gandeiría en extensivo e da recuperación dos agros de cereal.
  • Promoción dun evento de mostra dos viños a nivel profesional.
  • Plan de saneamento e abastecemento para todos os núcleos.
  • Petición de aumento das horas de SAF e impulso dun centro de día público.
  • Reactivación da Comisión de Turismo para deseñar a estratexia turística local.
  • Campaña de escavación e investigación dun sitio arqueolóxico.
  • Impulso do acordo plenario a prol dunha barreira para a olería tradicional.
  • Elección democrática de pedáneos.
  • Rebaixa do IBI.
  • Creación da Concellalía de Igualdade e do Consello Municipal das Mulleres.
  • Fomento e apoio ao asociacionismo para a protección do medio ambiente, a paisaxe e a cultura.
  • Tratamento equitativo á cidadanía.
  • Comisión de investigación sobre o Pazo de Sober.
  • Aprobación dunha ordenanza municipal de benestar animal e impulso dun refuxio comarcal  de animais.
  • Cambio na concepción das festa dos avós, facendo unha xornada interxeracional con actividades de transmisión de memoria oral e mostra de oficios tradicionais, celebrándoa cada ano nunha parroquia.

ÚLTIMAS

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....

Chantada acolle un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou este luns aos participantes na actividade,...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...