HomeEconomíaMáis da metade dos fogares do sur de Lugo susténtanse nas prestacións

Máis da metade dos fogares do sur de Lugo susténtanse nas prestacións

Segundo o Instituto Galego de Estatística, só hai algo máis do 45% dos fogares que teñan algunha persoa asalariada.

Publicado o

- Advertisement -

A principal fonte de ingresos de máis do 50% dos fogares do sur e do leste da provincia de Lugo son as prestacións (pensións contributivas e non contributivas ou ben prestacións por desemprego). É dicir, o peso dos salarios nestes fogares non supón nin a metade da totalidade familiar de ingresos. As comarcas da Montaña e da zona sur da provincia, canda o suroeste de Ourense, destacan neste aspecto sobre o resto de Galicia.

Así se extrae dun informe publicado este 28 de febreiro polo Instituto Galego de Estatística, que dá a coñecer os resultados dun estudo sobre os salarios galegos dende a perspectiva dos fogares para o ano 2018. A análise realizouse en base á información que anualmente proporciona a Enquisa estrutural a fogares.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...