HomePolíticaOs Centros de Información á Muller do sur lucense recibirán unha axuda...

Os Centros de Información á Muller do sur lucense recibirán unha axuda económica de 115.000 euros

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, vai achegar 115.000 euros para o sostemento dos Centros de Información á Muller (CIM) de Monforte, Chantada e Quiroga.

Do centro de Monforte, que conta con 3 traballadoras,  dependen o de Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober. Para este centro, a partida económica será de 46.400 euros.

O CIM de Chantada recibirá 39.000 euros e actualmente conta con 2 traballadoras. Dende alí xestiónanse as necesidades dos concellos de Taboada e Carballedo.

Finalmente, o Centro de Quiroga vai recibir 23.300 euros para acondicionar as labores das 2 traballadoras do centro que xestionan á súa vez Ribas de Sil.

En conxunto son 11 municipios do sur lucense que dependen destes centros que constitúen un instrumento fundamental para a implantación de políticas de igualdade eficientes e eficaces en Galicia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...