InicioPolíticaMedran as renuncias ás mesas electorais: "Hai medo. En Chantada vén moita...

Medran as renuncias ás mesas electorais: “Hai medo. En Chantada vén moita xente no verán”

As alegacións esténdense por toda Galicia e na Mariña tres mesas xa acudiron a suplentes.

Publicado o

- Advertisement -

Familiares de persoas con algunha patoloxía ou dependencia e maiores de 65, que por lei non teñen obrigación de acudir, engrosan a listaxe de renuncias presentadas ante as xuntas electorais de zona para evitar participar nas mesas electorais dos comicios que se celebran o vindeiro domingo 12 de xullo.

Na xunta electoral de zona de Chantada observouse que “hai bastantes” reclamacións relacionadas coa Covid, moitas delas tamén realizadas por maiores de 65 anos ou por persoas que conviven con dependentes. “Hai medo de ir a unha mesa desde as oito da mañá ata as tantas, circulando xente… En Chantada vén moita xente no verán que ten aquí a súa vivenda”, atribuíron, estas fontes, a situación.

Ademais, na xunta electoral provincial de Lugo, un cidadán de Chantada denunciou a situación dun colexio electoral, que non cumpría as condicións de seguridade polo coronavirus, aínda que finalmente non seguiu adiante porque se emendaron os problemas por parte da Xunta, segundo explicaron as fontes consultadas.

“En principio non é algo moi esaxerado, pero aumentaron as escusas relacionadas coa Covid. En xeral, é o único que se está notando, por persoas que conviven con outras patoloxías, que as colocarían nunha situación de risco”, indicaron, pola súa banda, fontes da xunta electoral de Mondoñedo, que atende os municipios da Mariña de Lugo. Precisamente, é nesta zona de Galicia onde se produciu o rebrote máis significativo de coronavirus desde o fin do estado de alarma, con máis de medio centenar de casos detectados ao finalizar esta semana.

Ata o momento, rexistráronse 40 escusas máis en relación a procesos anteriores nesta zona, que atende os municipios de Viveiro, Mondoñedo, Ribadeo, Ourol e todos os demais da Mariña. “Pero ata o día mesmo das eleccións poden presentala por causa sobrevinda, se de aquí ao 12 alguén se contaxia, por exemplo, ata o mesmo día”, indicaron as fontes consultadas.

Con todo, a xunta electoral garantiu que o próximo 12 de xullo se van “formar as mesas” electorais e revelou que xa se “sortearon dúas persoas de máis” para contar con máis reserva que en procesos electorais que non se celebraron no contexto sanitario actual. “Temos suplentes de último momento. As eleccións hai que garantilas como sexa”, indicaron estas mesmas fontes, que revelaron que “en tres mesas xa se recorreron aos suplentes” que se sortearon.

ÚLTIMAS

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...

Charla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior...