IniciosociedadeOs datos do paro melloran en marzo en todo o sur da...

Os datos do paro melloran en marzo en todo o sur da provincia, agás Carballedo

O paro no sur da provincia baixou en todos os concellos no mes de marzo, agás en Carballedo, que aumentou en 9 parados. En todas as comarcas do sur hai un aumento consideerable do paro con respecto ao pasado ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Lemos os datos son: Bóveda 55 (-4), Monforte 1.307 (-7), Pantón 112 (-7), A Pobra do Brollón 73 (-2), O Saviñao 155 (-9) e Sober 110 (-3).

Na comarca de Chantada: Carballedo 80 (+9), Chantada 533 (-4), Taboada 106 (-6). Na comarca de Quiroga: Ribas de Sil 43 (-5), Quiroga 175 (-4), Folgoso do Courel 39 (-6).

E na comarca de Sarria: O Incio 50 (+4), Láncara 122 (-1), Paradela 46 (-4), O Páramo 43 (-2), Samos 41 (-6), Sarria 859 (-31), Triacastela 29 (+2). Sumando 3.972 as persoas paradas no centro sur da provincia.

Na comarca de Lemos no 2020 contábase con 1.680 parados, no 2021 son 132 máis. Na comarca de Chantada pasouse de 665 no 2020 a 719 este ano, subindo en 54. E baixa nas comarcas de Quiroga e Sarria; na primeira pasouse de 292 a 257 este ano, baixando 35 e 23 en Sarria, que pasou de 1.213 a 1.190.

CCOO valora positivamente os datos de Sarria e Quiroga que melloran en época de pandemia. O total dos datos na zona sur deixan 128 parados máis. Preocupan en espacial os datos de Monforte con 142 parados máis. Preocupa tamén ao sindicato, “a situación de centos de traballadores en Erte, e pecharán moitas das súas empresas, fundamentalmente no sector servizos. A provincia ronda os 4.950 ertes.

CCOO ve con satisfacción que o goberno central prorrogara os ertes máis alá do 31 de maio e consideran urxente a aprobación do “ingreso mínimo vital” pola alta porcentaxe de familias, que aseguran non chegan a fin de mes e con máis de 4.500 persoas en niveis de extrema pobreza.

ÚLTIMAS

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...