HomeComarca de ChantadaChantadaCribado masivo en Chantada esta fin de semana

Cribado masivo en Chantada esta fin de semana

Están chamadas unhas 1400 persoas de entre 20 e 70 anos e do sector da hostalaría.

Publicado o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prosegue coa convocatoria de cribados para detectar casos de Covid-19 con novas probas en zonas como o porto de Vigo e os concellos da Laracha e Ames, na provincia da Coruña, así como no de Chantada, na de Lugo.

En concreto, esta fin de semana foi convocado un cribado en Chantada cunhas 1.400 persoas de entre 20 e 70 anos con proba PCR que se realizarán no recinto do mercado gandeiro entre as 9:00 e últimas hora da tarde, informou o xerente desta área sanitaria, Ramón Ares Rico.

Ademais, indicou que a este cribado poboacional se sumarán 400 persoas que traballan en establecementos de hostalaría e de contacto co público. Para realizar as probas desprazaranse equipos desde o Hospital de Monforte e do HULA.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...