HomesociedadeA alta dos últimos contaxiados da DomusVi Chantada deixa as residencias galegas...

A alta dos últimos contaxiados da DomusVi Chantada deixa as residencias galegas sen covid

Eran os últimos casos activos en centros de maiores de toda a Comunidade.

Publicado o

POR
Europapress
- Advertisement -

As residencias de anciáns de Galicia volveron quedar sen casos activos de covid-19, despois de que nas últimas horas recibisen a alta cinco usuarios do xeriátrico DomusVi de Chantada.

Así o informou a Consellería de Política Social no seu habitual balance con datos da pandemia –que agora xa non emite diariamente, senón só cando hai variacións–, no que confirmou que xa negativizaron os últimos cinco anciáns que se contaxiaron de covid, pero que contaban coa pauta vacunal completa.

Este brote na residencia DomusVi de Chantada rompeu 14 días consecutivos sen casos activos nestes centros de maiores, desde que o 16 de abril se dera de alta ao último traballador infectado. No caso dos usuarios, habería que remontarse máis atrás para os últimos contaxios, vinculados ao brote da residencia Coviastec de Silleda de mediados de marzo.

Durante a terceira onda da pandemia, as residencias galegas rexistraron un pico de 466 usuarios infectados. Isto ocorreu o 24 de xaneiro, un día antes de cumprirse o sete días necesarios desde a administración da segunda dose da vacina para xerar inmunidade, dado que este proceso arrincou de forma xeneralizada nestes centros o 18 de xaneiro.

Desde o día 25, e aínda a pesar dalgúns brotes, as residencias de maiores galegas veñen experimentando un progresivo descenso na cifra de usuarios afectados. Deste xeito, o 27 de xaneiro, un mes despois do inicio da vacinación na Comunidade, eran 445 os usuarios positivos, mentres que o 27 de febreiro a cifra situábase nos 50. O 21 de marzo notificáronse os últimos contaxios en usuarios ata os detectados na DomusVi Chantada, pero agora, a 16 de maio, as residencias galegas volveron a quedar libres de covid.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...