InicioComarca de ChantadaChantadaAbertas dilixencias pola suposta agresión da directora de DomusVi Chantada a un...

Abertas dilixencias pola suposta agresión da directora de DomusVi Chantada a un usuario

Publicado o

- Advertisement -

Un xulgado abriu dilixencias contra a directora da residencia DomusVi Chantada, Petri Rodríguez, por mor dunha denuncia presentada ante a Garda Civil polo presidente da Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias de Galicia (REDE), Paulino Campos, por supostas “agresión, ameazas e coaccións” a un dos usuarios.

En concreto, segundo confirman a Europa Press fontes xudiciais, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada emitiu o mércores unha resolución a través da cal “iniciou o procedemento penal para a investigación dos feitos” recolleitos na denuncia, unha vez recibido o ateigado por parte do Instituto Armado.

Esta denuncia foi interposta o sábado 15 de maio polo presidente de REDE -en calidade de “amigo” do ancián supostamente agredido- e por outra persoa por uns feitos que a empresa nega. Segundo consta no escrito de denuncia, ao que tivo acceso Europa Press, o primeiro dos episodios relatados data do pasado 7 de maio, cando a directora do centro entrou na habitación deste usuario “cun ton de voz moi alto, exaltado e axitado”.

De feito, Petri Rodríguez reprocháballe comunicarse ” co exterior” para denunciar que -recolle a denuncia- os 200 maiores da residencia levaban días “en confinamento ilegal” por un brote de covid que afectaba a menos dunha decena de persoas e do que agora xa non quedan casos.

Segundo a denuncia do presidente de REDE, as 200 persoas que viven en DomusVi Chantada “foron liberadas do confinamento” ao día seguinte, cando o supostamente agredido “tiña a intención de denunciar” os feitos ante a Garda Civil, algo que “non puido levar a cabo polos impedimentos mostrados pola residencia para poder saír das súas instalacións”.

UN TELÉFONO “INUTILIZADO”

A maiores, o escrito presentado sinala como o pasado mércores, 12 de maio, a este usuario “foille inutilizado (bloqueado) o teléfono”. Así mesmo, a denuncia asegura que este usuario, que confesou estar disposto a chegar “ata onde faga falta” para esclarecer os feitos, xa fora agredido noutra ocasión “por un residente coas facultades perturbadas” sen que a dirección do xeriátrico “tomase medidas preventivas” posteriormente.

FAMILIARES

Familiares deste usuario critican a manipulación do caso que está facendo REDE e aseguraron, en declaracións a XdL que o seu presidente, Paulino Campos, “aproveitouse” da inestabilidade mental do seu pai para levar adiante “os seus propios intereses”.

DOMUSVI NEGA Os FEITOS

Tras a presentación da denuncia ante a Garda Civil, fontes de DomusVi consultadas por Europa Press aseguran que os feitos dos que se lle acusa a Petri Rodríguez “son totalmente infundados, distorsionados e non responden á realidade”.

Ademais, a compañía destaca que “conta co total apoio” dos familiares do usuario supostamente agredido, xa que non están de acordo coa interposición desta denuncia e “non dubidan da boa xestión realizada por parte dos empregados e a propia dirección” –aseguran as mesmas fontes da compañía–.

Non en balde, a dirección de DomusVi Chantada avanzou que valorará emprender accións legais fronte a “as graves acusacións recibidas” por parte do presidente de REDE.

En calquera caso, o xulgado abriu dilixencias para iniciar a investigación dos feitos denunciados, despois de recibir o atestado coas declaracións tomadas aos implicados e á familia por parte da Garda Civil.

ÚLTIMAS

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...

‘Colección Romántica’ chega ao Ateneo Casino de Monforte

Os músicos David Taboada e Sergio Alba presentan en Monforte "Colección Romántica", un espectáculo...

Club Quixós: 8 medallas e segundo posto por equipos en Salvaterra

As promesas do club de Piragüismo monfortino desprazáronse a O Cordeiro, no Concello de...