HomeComarca de ChantadaA forte saraiba provoca o corte do corredor Chantada-Monforte e causa moitos...

A forte saraiba provoca o corte do corredor Chantada-Monforte e causa moitos danos aos viñedos

Houbo acumulacións de 23,6 litros por metro cadrado.

Publicado o

- Advertisement -

A treboada que afecta a Galicia este mércores deixou un reguero de incidencias nas provincias de Lugo e Ourense, especialmente pola abundante caída de sarabia en puntos como Chantada ou as intensas choivas rexistradas na cidade das Burgas.

A sarabia complicou a circulación no corredor cara a Escairón, concretamente na zona de San Fiz, e provocou importantes estragos nos viñedos.

A Policía Local tivo que cortar temporalmente o corredor que conecta Chantada con Monforte debido á acumulación de xeo, que esnaquizou a práctica totalidade das viñas da zona. No entanto, a circulación retomouse aos 15 minutos.

Precisamente, a sarabia concentrouse especialmente no centro da provincia de Lugo, con algúns puntos de pedrazo. De feito, as choivas destacaron especialmente no municipio de Bóveda, onde se chegaron a acumular os 37,7 litros por metro cadrado.

Con todo, os efectos das precipitacións máis intensas rexistráronse en Ourense, con regueros de incidencias debido ás inundacións de locais, garaxes e baixos comerciais e vías alagadas por toda a cidade, ademais de desprendementos de rocas nalgunhas estradas.

As choivas notáronse especialmente a partir das 18,25 horas, cunha acumulación de 23,6 litros por metro cadrado, e as redes sociais enchéronse de vídeos e imaxes do casco antigo das Burgas completamente alagado.

Así mesmo, a treboada deixou polo menos 2.268 raios ao longo desta xornada, especialmente entre as 14.00 e as 18.00 joras, que caeron sobre todo no sur da provincia de Lugo e o norte de Ourense.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...