HomeEconomíaComo foi setembro para o turismo na Ribeira Sacra?

Como foi setembro para o turismo na Ribeira Sacra?

Segundo os datos que manexa o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, a ocupación media no mes de setembro foi do 74%, medrou un 6% con respecto ao 2017 e un 14% repecto ao 2016.

Publicado o

- Advertisement -

A ocupación do 74% en setembro supera as previsións feitas a finais de agosto.Por categoría/tipo de establecemento:

  • Hoteis 3 e 4 estrelas: 75% e 70%  (Previsión finais de agosto: 80% e 73%). Media total: 73%
  • Turismo Rural: 85% e 64%  (Previsión finais de agosto: 73% e 66%). Media total: 70%
  • Outros: 82% e 80% (Previsión finais de agosto: 58% e 44%). Media total: 81%

Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra informan que con estas porcentaxes son os hosteis de maior categoría, os únicos, por primeira vez nos últimos meses, que rexistran cifras inferiores.

Entre xuño e setembro a ocupación media situouse no 70%, manténdose os valores do 2017:

  • Hoteis 3 e 4 estrelas:79%
  • Turismo Rural: 67% na totalidade de días da semana
  • Outros: 64% na totalidade de días da semana

As reservas para o mes de outubro sitúan a ocupación a día de hoxe nun 47%, cifras inferiores ás dos pasados anos (63% en 2017 e 58% en 2016). Os únicos establecementos que se manteñen en porcentaxes similares son os hoteis de menor categoría, pensións, apartamentos, albergues e vivendas turísticas. Aínda que as previsións sexan inferiores ás do pasado ano, o sector amósase confiado e pensa que se poderían superar se as condicións meteorolóxicas se manteñen favorables.

ÚLTIMAS

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...