HomeSucesosCatro anos de cárcere para un home de Chantada que abusou da...

Catro anos de cárcere para un home de Chantada que abusou da filla duns amigos, menor e con discapacidade

A Audiencia de Lugo rebaixa en dous anos a condena por dilacións indebidas

Publicado o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos de cárcere a un home por abusar da filla duns amigos, que padece unha discapacidade intelectual que afecta á súa madurez e que, no momento dos feitos, tiña 11 anos.

Nun fallo contra o que cabe recurso de apelación, a audiencia considera probado que este veciño de Chantada abusou sexualmente da nena aproveitándose de que ambos se quedaron sós na casa dos pais da vítima, que habían ido ao hospital para o nacemento do seu irmán menor.

Os maxistrados determinan na súa sentenza, na que aplican unha rebaixa de dous anos na condena ao apreciar dilacións indebidas nun caso que procede do ano 2012, que o procesado valeuse da súa situación de superioridade para realizar tocamentos á menor, que padece un grao de discapacidade intelectual do 41%.

Así, xustifican o seu fallo no relato ofrecido pola menor, de quen destaca que o atraso madurativo que sofre “faina máis inxenua, máis vulnerable” e con menor capacidade de resposta a situacións do tipo ao que foi sometida. O seu relato, segundo a sala, resulta crible e, mesmo, “podería ir máis aló do que ela admite, pero por vergoña négaos, sen que teña estratexias para construír de maneira correcta unha mentira”.

Nesta liña, os xuíces sinalan que as probas perciliales e o contido das mensaxes que o condenado remite á nena e que constitúen o “detonante” para a apertura da causa, “apuntan de maneira inequívoca a un acto de pleno contido sexual que atenta contra a liberdade e indemnidad sexual dunha nena, levado a cabo por alguén moi próximo á contorna familiar e dunha madurez que nada tiña que ver coa que reflectía esa nena”.

Ademais da pena de prisión, a audiencia tamén impón unha orde de afastamento de 200 metros por un período de cinco anos e o abono dunha indemnización á vítima de 2.000 euros por danos morais.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...