HomesociedadeCata Concurso de viños Patrimonio Ribeira Sacra

Cata Concurso de viños Patrimonio Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra organiza a 5ª edición da Cata Concurso de viños Patrimonio Ribeira Sacra, que se celebrará os días 23 e 24 de Novembro.

Publicado o

- Advertisement -

As adegas interesadas en participar teñen de prazo ara o 17 de novembro para inscribirse.  Poden participar na cata tódalas referencias que hai á venta na Viñoteca do Centro do Viño. A cata está organizada polo Centro do Viño e a Asociación Galega de Enólogos en colaboración de diversas institucións.

Entre tanto o C.R.D.O.R.S. ven de pechar a campaña de vendima unha vez que as 94 adegas que estaban vendimando remataron a campaña. Os datos definitivos son os seguintes:

Variedades tintas:

  • Mencía:  5.207.735 kgs
  • Brancellao:  42.915 kgs
  • Merenzao:  48.946 kgs
  • Caiño:  28.890 kgs
  • Garnacha:  282.990 kgs
  • Mouratón:  6.231 kgs
  • Sousón:  84.906 kgs
  • Tempranillo:  50.945 kgs

Variedades blancas:

  • Albariño:  74.246 kgs
  • Dona Branca:  3.936 kgs
  • Godello:  303.009 kgs
  • Loureira:  2.543 kgs
  • Torrontés:  2.835 kgs
  • Treixadura:  31.101 kgs

TOTAL DE KGS RECOLLIDOS:  6.171.228

ÚLTIMAS

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...