HomePolíticaComo son os presupostos da Xunta para a provincia e o sur...

Como son os presupostos da Xunta para a provincia e o sur de Lugo?

PSOE, PP e EN MAREA valoran os presupostos da Xunta para a provincia a para o sur de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O Psoe provincial asegura que non entende que cos presupostos da Xunta se fale de investimento en Lugo cando non se recolle nada para proxectos como a intermodal, o Centro da Romanización en San Fernando ou a Rolda Leste e pregúntanse onde está o presuposto para a residencia da terceira idade de Lugo. Desde o Psoe afirman “Hai que ter cara para falar de orzamento en Lugo cando volven a prometer o de todos os anos e está sen facer”

Din os socialistas que os feitos constátanse e puxeron como exemplo a súa xestión ao fronte da Deputación Provincial “Investimos máis de 100 millóns na execución de centos de obras que se poden ver nos 67 Concellos, facendo que a Deputación lidera a obra pública na provincia. Máis de 1.000 quilómetros en aglomerado son feitos. Investimos máis de 25 millóns en emprego, ofrecendo uns 1.500 postos de traballo aos nosos veciños, que estaban no paro e hoxe non. Tamén son feitos”.

Aseguran desde o Psoe que conseguiron que a Deputación sexa o motor económico e social da provincia, unha vez que “os veciños non reciben os fondos que lles corresponden por xustiza social por parte do PP na Xunta de Galicia”.

Álvaro Santos, deputado de Relacións Institucionais e secretario xeral do PSdeG en Lugo | Deputación de Lugo

Despois da comparecencia do PSOE, foi a quenda do PP que coas deputadas Raquel Arias e Julia Rodríguez presentou a valoración duns orzamentos que din, supoñen unha inversión na provincia de 4.022 euros por habitante, máis alta de Galicia.

Como partidas para a zona sur destacaron na área de medio rural os proxectos de mobilización de terras, cunha previsión de gasto total de 900.000 euros que permitirán a reconversión e aproveitamento de terreos en estado de abandono nos concellos Folgoso do Courel (400.000 euros para intervencións en soutos), Sober (400.000 euros) e Monforte de Lemos (100.000 euros). En infraestruturas viarias sinalaron a conexión coa capital da provincia e a mobilidade da zona o proxecto para a autovía Nadela-Sarria, cuxo orzamento ascende a un millón de euros. Inclúense ademais neste apartado as obras de acondicionamento da LU651 en Folgoso do Courel, cunha partida específica de 750.000 euros, e os accesos ao Porto Seco de Monforte.

Entre os recursos económicos para sanidade e política social atópanse os 190.000 euros para a mellora e mantemento das instalacións do hospital comarcal de Monforte, os centros de saúde do Saviñao (600.000 euros) e a posta en marcha do Centro Ocupacional Infanta Elena do mesmo municipio. Tamén deixaron constancia da reserva partidas económicas para a construción de vivendas en Sober (405.000 euros), ou as obras de saneamento en distintos núcleos de poboación do concello soberino (233.500).

Raquel Arias e Julia Rodríguez / PP provincial

Nesta penúltima fin de semana de outubro era En Marea quen valoraba os presupostos para a zona sur, aseguran que son insuficientes para compensar o desequilibrio territorial. En Marea refírese  á partida de 750.000 euros para os accesos do porto seco de Monforte coa N-120, esixirán prazos para o remate da obra e lembran a importancia de contar cun proxecto integral de desenvolvemento industrial para a zona sur, que vaia parello á modernización ferroviaria e impulso ao taller de Renfe.

Segundo En Marea os presupostos non garanten as necesidades sociais da comarca, porque non se recollen ampliacións en prazas públicas de residencias da terceira idade nin centro de día, nin se garante a continuidade do CEE Infanta Elena. Preocúpalles que non se recolla partida para o novo Centro de Saúde do Saviñao e que os fondos para saneamento e depuración sexan insuficientes en concellos como Chantada, Monforte ou Pantón. Desde En Marea anuncian que pedirán explicacións sobre as previsións de infraestruturas turísticas para zona e de melloras en materia de protección. A falta de partidas para a atención temperá á infancia e para o Hospital Comarcal de Monforte son temas que tamén preocupan  a En Marea.

En Marea / En Marea

ÚLTIMAS

O Conselleiro de Cultura visita en Chantada as obras da nova biblioteca que rematarán a finais de ano

As obras, executada ao 80%, está previsto que rematen para finais de ano, lévanse...

O 7 de outubro farase o sorteo público de prazas do Programa Activa de Monforte

O sorteo de prazas celebrarase o luns, 7 de outubro, ás 13:30h no salón...

Adolfo Rubio espera conseguir unha alcaldía socialista na Pobra do Brollón para as próximas municipais

Ao acto de constitución da nova agrupación asistiu a Secretaria de organización na provincia...

“A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”, exposición a pé de rúa en Monforte

A deputada de Cultura Iria Castro, acompañada pola tenente de Alcalde, Gloria Prada; o...