IniciosociedadeInnovación e tecnoloxía no sector do viño na Ribeira Sacra

Innovación e tecnoloxía no sector do viño na Ribeira Sacra

Vía Romana presenta o seu primeiro rosado, Algueira gaña o Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturimo, Esther Teijeiro recibe o Mágnum Honorífico "Viñolvidable" e o sector prepara unha aplicación para telefonía móbil con información fitosanitaria para o viñedo a tempo real.

Publicado o

- Advertisement -

A adega Vía Romana de Belesar (Chantada), saca ao mercado o seu primeiro rosado. Este novo viño, elaborado con uva Mencía 100%, corresponde á añada 2017 e comenzará a comercializarse no mes de decembro. O Nadal preséntase como unha época idónea para comercializalo, porque este viño, ademais de innovar, é un viño solidario. A venta de cada botella suporá a doazón de 1,5 € á Asociación Chantada Contra o Cancro. Desde a asociación, que naceu en decembro do 2016, agradécese a colaboración de Vía Romana desde o comezo.

A adega, creada no 97, caracterízase por unha evolución constante baseada na calidade e na innovación. Asi por exemplo, Vía Romana foi a primeira adega galega en sacar ao mercado un viño vegano, o que garante que na súa elaboración non se empregaron sustancias de orixe animal. O Mencía da colleita 2015 vía parte da súa produción convertida no primeiro viño galego con certificado vegano.

Presentación Vía Romana Rosado / Vía Romana

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra, polo momento, non ampara o rosado, pero desde a adega, ademais de ampliar a oferta, o seu director xerente, Juan Luis Méndez, sinala “Esta edición limitada de Vía Romana Rosado para nós é moi especial polo carácter benéfico que ten e será a primeira de moitas añadas deste rosado, colaborando coa Asociación Chantada Contra o Cancro”. O Vía Romana Rosado procede de cepas propias que teñen entre 20 e 60 anos, estivo 8 meses en depósito e seis máis de reposo en botella. Tamén para decembro a adega lanza o Vía Romana añada 2017, con 120.000 botellas.

Vía Romana Rosado / Vía Romana

Outra adega da D.O. Ribeira Sacra que sempre aposta pola experimentación e innovación nas súas elaboracións é Algueira, que por exemplo, en xullo do 2011 presentaba o viño crianza elaborado en barricas de carballo galego, dentro dun proxecto de investigación no que Algueira colaboraba coa Universidade de Santiago para estudar a produción de madeira para usos vitícolas en Galicia. Tamén froito da experimentación é Algueira Pizarra, un viño pisado como antigamente, fermentado con raspón, con maceración postfermentativa prolongada e 12 meses de barrica.

Premio Adega Algueira / Algueira

Precisamente Algueira foi unha das adegas de Ribeira Sacra premiadas esta fin de semana nos premios Mágnum do Viño Galego. Algueira fíxose co galardón á Mellor Iniciativa de Enoturismo. Tamén recaeu na Ribeira Sacra o Mágnum Honorífico “Viñolvidable”, que foi para Esther Teijeiro Lemos, da subzona de Chantada, elaboradora do viño Diego de Lemos, un dos primeiros viños ecolóxicos de Galicia e o primeiro na Ribeira Sacra.

O proxecto piloto AppFitoVit”

 AppFitoVit” é unha aplicación para telefonía móbil con información fitosanitaria para o viñedo a tempo real. O proxecto desenvólveo a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega),  dentro das liñas estratéxicas de investigación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e está financiada nun 75% con fondos Feader ao abeiro da convocatoria de accións de cooperación.

Este proxecto piloto presentouse durante a xornada técnica “Financiamento e logros na innovación do sector vitivinícola galego”, que se celebrou no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte. A iniciativa dá resposta a unha vella demanda do sector vitivinícola galego de contar cun sistema de avisos climatolóxicos e fitosanitarios homologable para toda Galicia, podendo predicir enfermidades provocadas por fungos como o mildiu e evitar  as perdas económicas derivadas destes fenómenos.

A aplicación AppFitoVit desenvolverase en tres fases. Na primeira, que se prevé rematar no ano 2019, establecerase unha rede interna entre técnicos e entidades para deseñar e validar a estrutura da aplicación móbil. Nunha segunda fase comprobarase a validez dos datos climatolóxicos, edafolóxicos e fenolóxicos manexados e comezará a emisión de boletíns de avisos fitosanitarios territorializados de forma interna. A terceira e última fase é que o sector poida dispor deste servizo de balde.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...