HomeEconomíaO SLG solicita a Medio Rural a convocatoria urxente dunha mesa de...

O SLG solicita a Medio Rural a convocatoria urxente dunha mesa de traballo para abordar a “crise” da Ribeira Sacra

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) amosan a súa preocupación pola situación na que están os viticultores e viticultoras da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. "Xa fixo unha semana desta xuntanza e a Consellería non fixo pública absolutamente ningunha medida de apoio ao sector nin se pronunciou sobre como vai ser a folla de ruta a seguir para impedir o impacto da bomba de reloxería que temos na Ribeira Sacra", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Explican desde o SLG que a principal adega da DO en canto ao volume que compra, Rectoral de Amandi, non vai recoller ningunha uva, o que deixa na ruína a moitos viticultores e viticultoras e vai facer que esas viñas queden abandonadas. Tamén outras das adegas máis grandes van mercar menos, o que contribúe a agravar a situación posto que vai ser practicamente imposíbel vender a uva sobrante.

Sinala o sindicato que as persoas ás que están avisando de que non lle recollen a uva non son persoas xubiladas con 2.000 quilos de uva, hai viticultoras/es con catro hectáreas en produción ás que non lle van recoller. “Non se están a facilitar os datos oficias de compra de uva das distintas adegas, pero temémonos que as cifras que se están barallando dun millón de quilos aínda van quedar curtas se Rectoral non recolle”, apuntan.

Sen viticultura é moi difícil que outras actividades como a turística se manteñan xa que a promoción da zona faise en boa medida pola paisaxe, polo que a desaparición de socalcos en produción afecta moito máis alá do sector vitivinícola.

A situación do sector do viño é complicada a nivel de toda Europa, non é só unha cuestión da DO Ribeira Sacra. Por iso dende o Sindicato Labrego Galego consideran necesarias medidas de urxencia e actuacións a medio prazo, “para o ano 2025 é necesario empezar a traballar xa”.

Como accións urxentes propoñen a creación inmediata dunha mesa de traballo para expoñer todas as opcións que podemos ter e ver cales poden ser mellores ou cales se poden realizar na Ribeira Sacra. Consideran que para intentar salvar a D.O. deberíase tratar con prioridade as seguintes actuacións:

  1. Poda en verde e baixar rendementos.
  2. Destilación de crise
  3. Limitar plantacións
  4. Campaña de promoción importante diferenciando a DO Ribeira Sacra
  5. Mapa claro que permita coñecer con certeza os límites da DO
  6. Estudio de custes da produción de uva na Ribeira Sacra
  7. Estratexias de adaptación a novos hábitos de consumo

Dende o SLG-CCLL urxen, polo tanto, á convocatoria inmediata dunha mesa de traballo con representación de tódolos axentes implicados para poder deseñar un plan de actuación que “salve a viticultura da Ribeira Sacra e realmente impulse un modelo economicamente sostíbel para as persoas produtoras, respectuoso ca natureza e presevador da cultura vitivinícola que caracteriza esta zona e que tamén supón unha riqueza para o noso país”.

ÚLTIMAS

Mobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

Este domingo pola mañá, concretamente ás 11:00 h., daba comezo no CEIP de San...

Décimo aniversario do Festival As Cores do Outono, os días 27 e 28 de setembro na Pobra do Brollón

O festival de música galega de raíz As Cores do Outono, unha iniciativa do...

283 prazas para nenos e adultos nas Escolas Deportivas de Monforte

O Concello de Monforte oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través...

Prazo de inscrición aberto para o curso 2024-25 nas Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte

Para realizar as inscricións os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en...