HomesociedadeOutubro deixa 138 parados máis na zona centro-sur da provincia

Outubro deixa 138 parados máis na zona centro-sur da provincia

O sindicato destaca o aumento da contratación indefinida, ao tempo que considera preocupante que o concello de Monforte rexistre un aumento do 36% do paro de toda a Zona Sur mentres o concello de Sarria "non aumentou nin un só parado". Os concellos con mellor comportamento foron Carballedo con 4 parados menos así como Samos que diminuíu en 3.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO valora moderadamente os datos do paro correspondentes ao mes de outubro,”na Comarca Sarria aumentou en 2 persoas, sendo a nota negativa a Comarca de Lemos con 80 parados máis, na comarca de Chantada aumentou en 30 persoas e na de Quiroga en 26″. Así na zona centro-sur da provincia cóntase con 2.740 persoas paradas (+138).

Paro comarca de Lemos no mes de outubro 1.315 (+80), por concellos:

  • Bóveda 35(+2)
  • Monforte 960 (+49)
  • Pantón 79 (+8)
  • O Saviñao 114 (+5)
  • A Pobra do Brollón 55 (+3)
  • Sober 72 (+13)

Paro comarca de Chantada no mes de outubro 485 (+30), por concellos:

  • Carballedo 48 (-4)
  • Chantada 355 (+24)
  • Taboada 82 (+10)

Paro comarca de Quiroga no mes de outubro 219 (26), por concellos:

  • Folgoso do Courel 36 (+8)
  • Quiroga 219 (+26)
  • Ribas de Sil 39 (+6)

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 721 (+2) , por concellos:

  • O Incio 41 (+3)
  • Láncara 79 (+1)
  • Paradela 16 (+2)
  • Samos 20 (-3)
  • Sarria 538 (=)
  • Triacastela 12 (=)

Desde CC.OO aseguran ver con preocupación as “prácticas anti-sindicais” do Sector da Hostalería por despedir en fraude de Lei a traballadoras embarazadas así como o dereito fundamental ao goce de 30 días de vacacións. Tamén denuncian a precariedade na que se atopan moitas empregadas do Fogar (xa que non cobran o S.M.I.)

Desde A Secretaría de Acción Sindical aseguran que é necesario potenciar o Porto Seco de Monforte “xa que despois de 23 anos segue sen actividade algunha, sendo o maior responsable a Xunta de Galicia, así como o nulo interese do Sr. Tomé”.

ÚLTIMAS

Comeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

Este Obradoito Dual de Empreo está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de...

“O perpetuo movemento da creación” no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Cristina Vázquez, nacida en Barcelona en 1973, estudou arte, deseño de moda e patronaxe....

Sober convoca 4 certames de Nadal

O Concello de Sober vén de anunciar catro concursos para fomentar a participación da...

OPINIÓN: As mulleres traballadoras poderán ampliar o seu permiso de maternidade se encabezan unha familia monoparental

Por nacemento e coidado do menor (o que antes viña sendo o “permiso de...