Homesociedade547.000 euros para saneamento nas comarcas de Chantada, Quiroga e Lemos

547.000 euros para saneamento nas comarcas de Chantada, Quiroga e Lemos

A Xunta de Galicia destina 547.200 euros a financiar 12 obras de abastecemento e saneamento nas comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de lemos. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade duplica o investimento desta liña de axudas na zona sur da provincia e os concellos beneficiarios pasan de de catro a oito.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta zona outorgáronse achegas aos concellos de Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. Fináncianse sete actuacións para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento municipal,e as outras cinco axudas van destinadas á modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes, así como á construción de novas infraestruturas neste eido.

O límite máximo destas achegas, destinadas a concellos de menos de 5.000 habitantes é de 50.000 euros por actuación, sendo compatibles ambas liñas. De feito, na comarca obtiveron apoios para executar dúas obras -unha en cada apartado- os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, Pantón e Ribas de Sil.

No conxunto da provincia achéganse 2.124.500 euros para 52 obras en 37 municipios. E no que respecta a Galicia, Augas de Galicia destinapreto de 9 millóns de euros a 217 actuacións en 152 municipios.

Os incentivos, compatibles con outras axudas, subvencionan os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro deste ano e inclúen, tanto os investimentos realizados na execución das propias obras, como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.

ÚLTIMAS

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...