HomesociedadeUn corremento de terra debido ás fortes choivas obriga a cortar a...

Un corremento de terra debido ás fortes choivas obriga a cortar a estrada provincial que leva á presa dos Peares

A estrada provincial LU-P-1010 permanece cortada ao tráfico desde a tarde deste martes.

Publicado o

- Advertisement -

A estrada provincial LU-P-1010, que vai cara á presa dos Peares no termo municipal de Carballedo, permanece cortada ao tráfico desde a tarde deste martes tras un desprendemento.

Segundo informa a Deputación de Lugo, trátase da vía que conecta A Touza coa Granxa. A zona sufriu un corremento de terra debido ás fortes choivas dos últimos días.

A institución provincial xa sinalizou o corte da estrada, que da servizo á presa, e está previsto que este mércores arrinquen os traballos para despexar o paso á altura do quilómetro 3,500.

Unha vez conclúan estas actuacións, realizarase a valoración económica e técnica dos danos causados.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...