HomePolíticaMelloras no patrimonio da Ribeira Sacra

Melloras no patrimonio da Ribeira Sacra

A igrexa de Santa María de Sabadelle está catalogada como ben patromonial da Ribeira Sacra

Publicado o

- Advertisement -

A igrexa de Santa María de Sabadelle do Concello de Chantada, situada ó pé do Camiño de Inverno, conta con máis 200 anos de historia e presenta un gran deterioro na súa estructura polo paso do tempo. Este templo reedificouse entre os anos 1830 e 1834. A edificación que conta cunha planta de sala, case rectangular, ten a sancristía na cabeceira. Os seus muros son de mampostería, selleira de granito e con bóveda de medio punto. Ademais, ten un retablo do século XX e unha torre con reloxo.

Por iso, dende a Deputación de Lugo, van investir máis de 8.000 euros en reformar os muros que a rodean, instalar un sistema de electrificación nas campás e unha nova agulla dos minutos. Farao ó abeiro do Plan Estratéxico de Turismo, que establece a posta en valor do patrimonio arquitectónico e histórico como valor diferencial para impulsar o turismo na provincia.

Darío Campos, presidente do organismo provincial, visitou o luns 18 de xuño ós veciños, quenes manifestaron que “foi a única administración que escoitou e respondeu a esta demanda veciñal”.

 

ÚLTIMAS

O Courel protesta pola ausencia de médicos

As protestas repetiranse o vindeiro mércores e ata que se solucione a situación, segundo...

Escultura en madeira con motoserra no IES A Pinguela

Eugenio Linares, asturiano e veciño de Tuiriz, no Concello de Pantón, realizou hai uns...

Diversidade e conciliación camiñando polos miradoiros de Sober

Redes Lilas agrupou a unhas 40 mulleres nunha andaina a través dos miradoiros do...

Esperta Monforte leva a pleno ampliar e mellorar a Biblioteca adquirindo o edificio da galería Sargadelos

Esperta Monforte considera que as instalacións da casa da cultura, e en particular da...