HomeTerra de LemossanidadeO Concello de Monforte, carente de medidas contra a velutina

O Concello de Monforte, carente de medidas contra a velutina

Publicado o

- Advertisement -

Dende o grupo BNG de Monforte préganlle ó alcalde da cidade, José Tomé Roca que dea os pasos necesarios para combatir a praga de avespa asiática mediante a colocación de trampas en sitios públicos, organizar charlas informativoas e revisar o protocolo da Xunta pois no que vai de xullo, xa morreron 2 persoas a causa da súa picadura.

Emilio J. Sánchez, portavoz do grupo BNG de Monforte manifesta que “o protocolo da Xunta de Galicia é insuficiente para a loita contra a praga. É necesario que dende o Concello se trasladen á Xunta enmendas ao texto que o fagan efectivo. A mairia da xente non sabe diferenciar un avespa autóctona dunha invasora, o que provoca que aumente o risco. Acaban cas abellas, co conseguinte perigo tanto para os apicultores como para a polinización”.

A presenza deste insecto no sur lucense non é alto como noutras zonas galegas, como así o demostra un informe elaborado pola Xunta de Galicia no 2017. Taboada, Chantada, o Saviñao, Pantón son os concellos con maior índice de incidencia, cun máximo de 25 niños atopados, mentras que no Incio, Bóveda, Monforte e Sober, teñen a cuota máxima rexistrada ata a data en 5 niños.

Mapa da presenza de niños de vespa asiática no 2017/Xunta de Galicia

Por outra banda, os concellos de Sarria, Pantón, Quiroga e Folgoso do Courel teñen instaladas xa pértegas cedidas pola Xunta para a vixianza e control desta especie invasora.

Para aprender a diferencialas, dende o goberno autonómico elaborouse unha infografía onde se explican as diferencias entre os dous insectos.

Diferencias entre vespa asiática e autóctona/Xunta de Galicia

 

 

ÚLTIMAS

BNG e PP denuncian o estado da N-120 e esixen a súa reparación urxente

O BNG de Monforte reclamará un calendario de obras con dotación real e actuacións...

Convócase o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza...

Presentación do novo libro do escritor Armando Requeixo,’Literatura insólita’

Publicado pola Editorial Galaxia, Literatura insólita reúne unha escolma de artigos nos que o...

O Entroido Ribeirao a exposición na Casa da Cultura de Chantada durante este mes

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante todo o mes de febreiro unha...