HomeCulturaTaboada e Chantada queren conquistar á mocidade na mesma fin de semana

Taboada e Chantada queren conquistar á mocidade na mesma fin de semana

Taboada abre as súas Festas Patronais coa tradicional Festa da Mocidade o día 10 e tamén o venres comeza en Chantada o FICH (Festival Independente de Chantada) ata o día 12.

Publicado o

- Advertisement -

O 10 de agosto Taboada celebra a súa Festa da Mocidade, coincidindo co comezo das Festas Patronais. A actividade organizada por Marrao Enxebre contará este ano coas actuacións de Reincidentes, The Skarnivals e Raiba.

A Festa da Mocidade dará comezo ás 18.30 coa tradicional Ruta polos bares acompañados dunha charanga, os participantes da festa fan camiño, deste modo, ata o escenario principal, onde ás 22.00 comezará a cea popular e ás 23.30 os concertos. A entrada é de balde, pero se queres cear e beber cervexa e calimocho sen ter que pagar ao tempo que colaboras coa organización de cara a seguir mantendo a celebración ano tras ano, podes mercar a camiseta da festa por un prezo do 15€ nos bares da localidade.

VII edición do FICH

Os días 10, 11 e 12 de agosto celébrase unha  nova edición do FICH, Festival Independente de Chantada. Participarán case unha vintena de grupos que actuarán en diferentes puntos da vila e na explanada de Adegas Amedo, para o traslado á adega contarase con servizo de autobús. Haberá ademais zona de acampada libre na área de Sangoñedo. O prezo da entrada diaria é de 6€, 10€ para o venres e o sábado; e o domingo a entrada será de balde.

Algunas das formacións que soarán en Chantada esta fin de semana son: Balck Ice Twice, Boneco, El Lado Oscuro de la Broca, Espejos y Diamantes, Fixemberg Dj, Galope Mestizo, JmChan, Kadettsgsi, Ki, Lkb, Medio Grumo, Onnlbn, Peinetta, Sután, Tecnochico, Terror Erótico Adolescente, The Fakes, Tourmalet, Trompas de Farlopio, Yurakwualla, Grima,….

 

 

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...