HomeDeportesO mellor automobilismo na ribeira de Chantada consolida a Joseba Iraola como...

O mellor automobilismo na ribeira de Chantada consolida a Joseba Iraola como líder no Campionato de España de Montaña

A 45 edición da subida a Chantada contou con alta participación, público fiel a pesar da calor, emoción con saídas de pista sen gravidade e consolidación do líder do campionato.

Publicado o

- Advertisement -

A Subida a Chantada que se celebrou esta fin de semana era a 6ª proba do Campionato de España de Montaña. O vasco José Iraola ao volante do Norma M-20 FC, foi o vencedor desta edición, nun podio que completaron o asturiano Javi Villa (BRC BR-53)e o tamén vasco Pantxo Egozkue (Osella PA 30), este último, que fora gañador da subida a Chantada no 87, tivo nesta ocasión unha forte saída de pista na curva do carbón. Por fortuna a saída non tivo consecuencias físicas para o piloto. Villa remataría a 3,5 segundos do primeiro e Egozkoue a 6,8. Precisamente Iraola e Villa estaban de 1  o 2 no Campionato de España de Montaña e así seguen a falta de 3 carreiras.

Accidente Pantxo Egozkue / Facebook

Na categoría II o navarro Garikoitz Flores impúxose por 667 centésimas ao segundo, o galego Sergio Varela Juan. A terceira praza a 2 segundos do vencedor foi para o andorrano Edgar Montellá.

Na Categoría III a mellor calificación foi para José Antonio Aznar a pesares de comezar a fin de semana con problemas mecánicos, de la Casa e Jose Antonio López-Fombona completaban o podio desta categoría.

No Trofeo Escudería Chantada o podio foi para o cántabro Mario Asenjo, o vasco-galego Rubén Nogueiras e o piloto local José Antonio de Arriba a bordo de un Speed Car.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...