HomesociedadeChantada xa loce decoración de Nadal

Chantada xa loce decoración de Nadal

O concello volve apostar polo material reciclado e este ano algúns dos decorados empregados iluminaranse grazas á recarga feita con luz solar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado Nadal o equipo de Parques e Xardíns do Concello de Chantada decidiu elaborar un poboado de Nadal con materiais reciclados. Dado o éxito desta iniciativa, este ano decidiu repetir a idea para celebrar as festas, “pero con referencias ao pasado, ao presente e ao futuro”, din dende o concello.

Os decorados realizados en diferentes puntos da vila realizáronse con material xa empregado o ano anterior e as luces que teñen algunhas das representacións funcionan con luz solar.

Na praza do Cantón pódese ver o Nadal coa árbore. Na praza da Casa da Cultura e na rúa do Comercio lémbranse as feiras pasadas cos seus xogos para nenos e nenas, e os animais que estaban nesta rúa para a súa venda. Na rúa de Leonardo Rodríguez faise referencia ao Camiño de Inverno a Santiago coa representación de dous peregrinos.

Outros temas como a igualdade, a diversidade, o amor ou a ilusión están presentes noutras das representacións. Así, ao chegar á Plazuela (praza Santa Ana), un tren lévanos do pasado cara o futuro onde a igualdade e a diversidade están presentes na sociedade. Na praza de Galicia vese o amor que senten os veciños e veciñas que viven aquí e aqueles/as que están fóra durante todo o ano e poden volver en datas tan sinaladas coma estas.

Na zona vella, pola rúa Xoán de Requeixo, as curuxas protexen á cativada para que ninguén lles quite a ilusión na noite de Reis mentres dormen nas súas camas. Noutras partes da vila, como por exemplo a Avenida de Monforte ou a Rúa Uxío Novoneyra, atópanse árbores e bonecos de Nadal.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...