HomeComarca de ChantadaChantadaFerida unha persoa logo dunha explosión no interior dunha vivenda en Chantada

Ferida unha persoa logo dunha explosión no interior dunha vivenda en Chantada

Ademais, tamén se orixinaron diversos danos materiais na estrutura da casa, de maneira que chegou a desprazarse un tabique e romperon as xanelas.

Publicado o

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida tras producirse unha explosión, que posiblemente se corresponda coa dun aerosol, no interior dunha vivenda da Avenida Portomarín, na localidade de Chantada.

Poucos minutos antes das 14,00 horas, os Bombeiros de Chantada chamaron ao 112 Galicia para dar aviso do sucedido. O CAE-112 alertou aos servizos médicos, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e a Protección Civil.

Ao final da intervención no lugar, a dotación dos Bombeiros comunicoulle ao 112 que unha persoa, que afirmaba estar a limpar no interior da vivenda con aerosois, resultou afectada con queimaduras nun brazo e nunha perna, como consecuencia dunha posible deflagración dos mesmos.

Ademais, tamén se orixinaron diversos danos materiais na estrutura da casa, de maneira que chegou a desprazarse un tabique e romperon as xanelas.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...