HomeEconomíaÚltimos días da 'II Semana de Oportunidades' de Chantada

Últimos días da ‘II Semana de Oportunidades’ de Chantada

A Asociación de Empresarios de Chantada impulsa dende o pasado 28 de febreiro e ata o 5 de marzo unha campaña de descontos para dinamizar o comercio local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, botaron a andar unha gran campaña de oportunidades na vila de Chantada que chama especialmente a atención polos importantes descontos que ofrecen os comercios e establecementos asociados.

Nesta páxina web pode accederse aos diferentes establecementos e coñecer os descontos que se ofrecen.

Falamos coa directiva desta entidade que dinamiza o comercio local con recurrentes campañas e iniciativas para fomentar o consumo de proximidade ao longo do ano.

Semana moi esperada para o comercio chantadino. Contádenos.

Chega a II edición da Semana de Oportunidades. Por segundo ano consecutivo realizamos esta campaña porque non se pode realizar a Feira de Oportunidades xunto coa Feira do Viño. 

Como foi experiencia da edición anterior?

O ano pasado foi unha campaña que contou cun resultado positivo para os participantes que puideron realizar un bo fin de rebaixas de inverno.

Vemos que hai descontos, nalgúns casos, de ata o 70%. Para non perder, non?

Contamos con participantes de distintos sectores (roupa, calzado, herboristería, pintura, decoración, florería…) Con grandes descontos, si.

Aprézase que chega xente de fóra de Chantada de compras esta semana?

Chantada conta sempre con visitantes de vilas limítrofes e agardamos que esta semana esas persoas se acerquen á vila para desfrutar desta campaña.

Como animariades a vir á xente da Comarca e de Comarcas veciñas para aproveitar estas rebaixas?

Contamos cunha ampla variedade de oferta comercial na vila e nesta semana eses produtos contan con descontos moi atractivos polo que agardamos que sexan moitas as persoas que se acerquen á vila para mercar.

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...