HomesociedadeO IES Val do Asma traballa no cartel do Folión de Carros...

O IES Val do Asma traballa no cartel do Folión de Carros 2022

A Asociación Cultural Amigos do Folión acordou encargarlle o deseño do cartel anunciador ao alumnado deste centro de ensino de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O tradicional Folión de Carros de Chantada celebrarase este ano o 27 de agosto. Para anuncialo, a Asociación Cultural Amigos do Folión busca en cada edición que o cartel represente os trazos máis importantes deste evento etnográfico.

Con esta intención, neste 2022 a entidade acordou co IES Val do Asma que sexa o alumnado deste centro educativo quen se encargue de deseñar o cartel que anuncie o ‘Folión de Carros 2022’. Os traballos de creación da obra artística están coordinados pola profesora de debuxo, Lola López, e cada alumna e alumno participantes recibirán como recoñecemento un vale para mercar material educativo en comercios de Chantada.

Primeiros traballos na creación do cartel anunciador do Folión de Carros 2022. Foto: Asoc. Cultural Amigos do Folión

O alumnado do IES Val do Asma recibe este encargo por entender a entidade organizadora que “nos últimos anos teñen demostrado un gran compromiso” co Folión de Carros “colaborando en todo aquilo que se lle pediu”. A asociación confía tamén que a proposta gráfica que presenten para o cartel anunciador “amosará o sentir da xente con relación a todo o que representa esta festa para veciños e veciñas”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...