HomeEconomía5 postos de traballo para Chantada

5 postos de traballo para Chantada

A contratacións destas 5 persoas desempregadas faise a través do Programa Depuemprego, cunha achega da Deputación de 70.000 euros para o concello de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

As 5 persoas contratadas para realizar labores de servizos públicos aos veciños en Chantada son:

  • Antonio, un home de 38 anos que leva desde os 19 no mundo laboral, vinculado á silvicultura e maquinaria agrícola e que agora traballa como condutor de tractor-desbrozadora.
  • Iván, de 31 anos, desenvolve por segundo ano a súa actividade como peón de rego asfáltico no Concello de Chantada, ata onde se despraza desde Monforte, onde reside.
  • José, un home de 53 anos, palista e chófer de profesión, conta cunha experiencia de 21 anos que lle permitiu ser seleccionado para o posto de palista dentro do programa DepuEmprego.
  • José, de 50 anos, comezou a traballar como condutor de camión con gravilla, emprego que conseguiu despois de concorrer aos procesos de selección do DepuEmprego. É o segundo ano que José Luis opta a un posto con este programa, no anterior exerceu como condutor de pisón.
  • Julio, un home de 46 anos, camioneiro de profesión, desenvolve por segundo ano o posto de condutor de camión-cuba en Chantada.

ÚLTIMAS

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...