HomesociedadeChantada presenta o cartel da Feira do Viño

Chantada presenta o cartel da Feira do Viño

O Concello de Chantada presentou a imaxe da cita, unha obra do artista local Lomarti, este venres 8 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez máis, o artista local Juan José Lomarti é o autor do cartel da Feira do Viño 2022, unha cita cos mellores caldos da zona que chegará á súa 39ª edición no mes de xuño.

O Concello de Chantada divulgaba a nova polas redes sociais, agradecía o gran traballo de Lomarti e referíase á súa obra con estas palabras: “O frescor e o recendo do viño cando o catamos, as cores da ribeira e os tipos de viño que fan as adegas de Chantada: mencías, godellos, rosados… están representados na obra do noso veciño Lomarti nun cartel diferente a outros que ten feito para unha das nosas festas máis importantes”.

Cartel da Feira do Viño de Chantada 2022

A Feira do Viño de Chantada, como xa se anunciou semanas atrás, será o venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xuño.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...