HomeCulturaNo 'Circuíto de teatro afeccionado' haberá catro compañías do sur de Lugo

No ‘Circuíto de teatro afeccionado’ haberá catro compañías do sur de Lugo

Esta fin de semana arrincou unha nova edición desta iniciativa cultural que impulsa a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 29 compañías xirarán polos concellos ata decembro, cun total de 87 representacións e propostas para todos os públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Área de Cultura xestionou o calendario do ‘Circuíto de teatro afeccionado’ atendendo á dispoñibilidade das compañías e ás preferencias dos concellos e asociacións interesadas, e financia integramente as actuacións.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, tras reunirse con representantes das compañías que participan no circuíto, agradeceu “a súa implicación e colaboración para sacar adiante esta programación” e valorou “a participación de dez compañías máis que na última edición, como unha confirmación da volta á normalidade no ámbito do teatro afeccionado, unha rede creativa que é importante non só polo seu traballo na escena se non tamén por canalizar a creatividade e as inquedanzas artísticas e culturais de persoas de distintas xeneracións”.

Maite Ferreiro, tras reunirse con representantes das compañías que participan no circuíto. Foto: Prensa Vicepresidencia da Deputación de Lugo

O Circuíto e Teatro Afeccionado artéllase en catro ciclos en función das temáticas e públicos das obras propostas polas compañías, entre as que se atopan  traxicomedias de intriga nas que o suspense se adereza con humor negro; funcións que abordan, a través de historias cotiás,  problemáticas sociais como a desigualdade de xénero ou pezas cómicas e costumistas nas que os protagonistas son arquetipos sociais, pasando por adaptacións de obras clásicas da literatura.

No sur de Lugo as compañías participantes son as seguintes: Teatreiras e Viraventos de Monforte de Lemos, Argalleiras de Chantada, e Rebuldeira de Sarria.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...