HomeComarca de ChantadaChantadaCondenan a un veciño de Chantada por estafar a unha muller vulnerable

Condenan a un veciño de Chantada por estafar a unha muller vulnerable

Por quitarlle 2.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e seis meses de cárcere a un veciño de Chantada por un delito de estafa a unha muller vulnerable á que lle subtraeu 2.000 euros. No auto, o tribunal considera probado que o acusado estableceu amizade coa vítima a través dunha asociación cultural de Chantada, onde ambos vivían. No desenvolvemento desa amizade, o acusado acompañouna nalgunha ocasión ao médico ou ao supermercado, accedendo ao seu domicilio en polo menos unha ocasión, no que a vítima vivía soa.

“Aproveitando esa relación de confianza e con coñecemento da situación de vulnerabilidade que concorría en Elsa”, que foi diagnosticada en 2019 de deterioración cognitiva en grao leve e moderado, con necesidade de axuda e supervisión dun familiar.

Así, o 7 de agosto de 2019 pediulle que lle deixase 2.000 euros, “pois non cobrara aínda a pensión”. Para iso, levou á vítima a unha sucursal que non era a súa habitual. Alí a vítima facilitoulle ao acusado o diñeiro, que gardou dicíndolle que llo devolvería, “sen que ata a data fixese devolución do importe”.

“O acusado era perfectamente coñecedor da deterioración cognitiva que presentaba a vítima, pois tivo ocasión de observalo durante varios meses. Con esta conduta, o acusado tentaba gañarse a confianza da muller, chegando a entender esta que existía unha relación próxima ao noivado (…). Resulta revelador que existan máis de 20 anos de diferenza entre eles”, estiman no auto.

Por todo iso, condenan ao acusado a un ano e seis meses de cárcere por un delito de estafa, ademais do pago das costas procesuais. En canto á responsabilidade civil, solicitan unha indemnización á vítima de 2.000 euros, cantidade que se incrementará cos intereses legais.

ÚLTIMAS

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...