HomeComarca de ChantadaChantadaA campaña 'Día do Comercio' da CCA Ribeira Sacra pásase ao día...

A campaña ‘Día do Comercio’ da CCA Ribeira Sacra pásase ao día 22 de xuño

A festa do comercio de Chantada estaba programada para este sábado 8 de xuño pero as previsións meteorolóxicas motivaron o cambio de data.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Con todo o noso pesar, vémonos na obriga de aprazar o Día do Comercio, que íamos celebrar este sábado, para o 22 de xuño, tamén sábado”, así se pronunciaba o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada.

As previsións metereolóxicas provocaron esta decisión por parte da organización. Ante a alerta de fortes treboadas dende a tarde deste venres ata a medianoite do sábado, e dado que a festa ía celebrarse con moitas actividades ao aire libre, cren que o máis oportuno é suspender a festa e pasala ao 22 de xuño.

“Lamentamos moitísimo as molestias que isto vai causar, pero a meteoroloxía non está nas nosas mans”, concluían dende o CCA Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...