HomeCulturaEste 21 de xuño preséntase no Auditorio de Chantada o proxecto do...

Este 21 de xuño preséntase no Auditorio de Chantada o proxecto do Museo Manuel Jorge

A Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada xa ten listo o proxecto de rehabilitación do edificio que adquiriu no Cantón para ser convertido no futuro Museo Manuel Jorge e será presentado este venres, 21 de xuño ,ás 11 da mañá no Auditorio de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada incluirá un coloquio e unha visita ao edificio que albergará o museo, no número 7 da Praza de España. Este museo, susténtase sobre o legado do pintor chantadino, quen tralo seu falecemento, cedeu toda a súa obra pictórica á Asociación para poder crear un museo e centro de promoción das artes na súa vila natal.

Con ese cometido, no 2022 a Asociación merca unha vivenda no casco antigo de Chantada e xa dispón do proxecto de restauración listo para crear o futuro ‘Museo Manuel Jorge, Centro de Cultura Contemporánea da Ribeira Sacra’. Os detalles da restauración, así como os obxectivos e mandato do centro cultural, serán presentados este venres, incluindo unha visita ao futuro museo.

Dende a Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada anímase a veciñanza e colectivos implicados na acción cultural de Chantada e comarca a que asistan, para abrir unha conversa sobre as posibilidades deste futuro espazo cultural e a súa conexión coa comunidade próxima

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...