HomesociedadeA I Festa Interxeracional do Concello de Chantada xunta a 350 persoas

A I Festa Interxeracional do Concello de Chantada xunta a 350 persoas

O pavillón do colexio Eloísa Rivadulla acollía esta domingo a I Festa Interxeracional do Concello de Chantada. Ao redor de 350 persoas participaron da cita que vén a dar continuidade á Festa da Terceira Idade que deixou de celebrarse coa pandemia, e que agora amplíase abrindo a proposta a toda a familia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Festa Interxeracional comezaba ás 13:00h con Misa solemne, seguida de cóctel de benvida e xantar popular, para rematar con sesión de baile que se prolongaría ata case as 21:00h. “Un éxito total, moitos maiores viñeron acompañados de fillos/as e netos/as, achegándose á festa familias da vila e das aldeas. Quizais o domingo non é o mellor día para que nos acompañara a mocidade, probablemente un sábado sexa máis axeitado para esta celebración. O vindeiro ano igual a plantexamos para o último sábado de xuño”, sinala o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, María Cándida Carnero, asegura que o obxectivo é darlle unha data fixa á celebración para que a xente saiba de ano en ano en que data se celebra a festa, “A xente cando se viña inscribir aseguraba estar contenta de poder participar dunha festa á que acode todo o mundo. Todas as persoas que participaron marcharon encantadas, moitos dicían que había que facer este tipo de celebración todos os meses. Queremos buscar unha data que a xente teña fixa todos os anos para esta celebración”.

Durante a celebración sorteáronse 3 fins de semana no Balneario Iberik Augas Santas e sorteáronse tamén agasallos cedidos por empresas locais que colaboraron coa celebración: Adegas Amedo, Adegas e Viñedos Vía Romana, Adega Os Cripreses, Adega Albarduxe, Adega Sabatelius, Adegas Condado de Sequeiras, Adega Pilares de Belesar, Adega Castrofiz, Alouviño, Xoiaría Ángel, Grupo Perlada, miDetergente, Eroski, Gadis e Distribucións Calambuco. Todas/os as/os participantes recibiron tamén obsequios doados polo GDR Miño-Ulla (abanos e chaveiros).

“Para a organización deste tipo de actos que concentran a tanta xente é fundamental a participación de moitas persoas. Desde o Concello queremos agradecer a implicación do persoal do Concello e do CEIP Eloísa Rivadulla. Felicitar aos responsables da comida e dos pinchos cunha sesión vermú que nos adiantaba unha festa prometedora na que non faltou a música. Para o vindeiro ano seguiremos con este tipo de actividades que pretenden homenaxear ás familias e sobre todo ao papel que desenvolven nos núcleos familiares as/os nosas/os maiores”, conclúe Manuel Lorenzo Varela.

Ademais do alcalde e da concelleira de Servizos Sociais, tamén participaron da I Festa Interxeracional do Concello de Chantada, Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura, Innovación e Desenvolvemento;  Diego Otero, concelleiro de Parques e Xardíns, Infraestruturas Urbanas e Emprego e Juan Alberto Diéguez, concelleiro de Infraestruturas Rurais, Industrias Forestais e Patrimonio.

Festa Interxeracional Concello de Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...