HomeDeportesIsabel Rodríguez coordina o dispositivo de seguridade da Subida a Chantada que...

Isabel Rodríguez coordina o dispositivo de seguridade da Subida a Chantada que se celebra do 26 ao 28 de xullo

A subdelegada afirmou que o compromiso e o traballo da Escudaría Chantada, así como o apoio das institucións e patrocinadores, “son a base do seu éxito, cunha constancia que converte esta competición dunha das probas máis veteranas do deporte nacional”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, renovou este martes a colaboración do Goberno de España coa competición automobilística da Subida a Chantada, que se desenvolverá do o 26 ao 28 de xullo e que cumpre medio século de vida. Isabel Rodríguez presidiu a Xunta de Seguridade xunto ao tenente de alcalde, Manuel Diéguez Carballo, coordinando o dispositivo “desta cita consolidada no panorama deportivo que chega á súa 50 edición puntuando para o Campionato de España de Montaña e recoñecida coa categoría de Proba FIA internacional, cuestións que evidencian a súa proxección e competitividade”.

Isabel Rodríguez felicitou aos organizadores pola súa implicación co automobilismo e con Chantada, localidade da Ribeira Sacra, “que vén de ser nomeada oficialmente como candidata a Patrimonio Mundial”. Destacou tamén “o vencello do automobilismo con esta comarca, elixindo este emprazamento que pon o foco durante a fin de semana do 26 ao 28 de xullo para corredores e seguidores desta disciplina, e que funciona tamén como revulsivo económico, social e turístico”.

Desde a Subdelegación do Goberno “achegaranse un ano máis todos os medios dispoñibles para garantir o correcto desenvolvemento da proba a través das Forzas e Corpos do Estado, a quen lles agradezo a úa profesionalidade e esforzo en ocasións extraordinarias como esta, poñendo en marcha dispositivos á altura do que implica esta competición”.

A subdelegada fixo un chamamento ao público afeccionado para “respectar as indicacións da organización, fundamental para que pilotos e asistentes gocen da carreira e podamos celebrar este medio século de vida da Subida a Chantada con todas as garantías”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...