HomeDeportesÉxito do Voleibol e do Atletismo Cross, novidades nas Escolas Deportivas Municipais...

Éxito do Voleibol e do Atletismo Cross, novidades nas Escolas Deportivas Municipais de Chantada

Nesta tempada 2024-2025 as Escolas Deportivas Municipais de Chantada celebran o seu 30 aniversario. O éxito das máis de 20 disciplinas que se ofertan desde o Concello de Chantada, a través da Concellaría de Deportes, fai que cada ano se introduzan novidades co obxectivo de promover nos distintos perfís de idade hábitos saudables e axudar á formación integral con actividades que fomentan as relacións e o respecto polos valores deportivos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición destaca o éxito de dúas actividades para nenos e nenas, o Voleibol e o Atletismo Cross. No Voleibol cóntase con case 40 participantes das que a maioría son nenas, “Levamos varios anos tentando facer equipo de volei e neste ano temos dous equipos, alevín que compite na Liga de Xogade e cadete a nivel federativo (ata nados na tempada 2009-2010). Trátase dun novo deporte que se tenta implantar en Chantada contando cunha monitora que competiu a un alto nivel, Juliana Ribeiro”, explica a concelleira de Deportes, Belén Vázquez Caseiro.

A Liga de Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) na que participan as chantadinas é un programa da Xunta de Galicia con carácter provincial que se desenvolve durante o curso.

Volei Escolas Deportivas Chantada / Concello de Chantada

Co Atletismo Cross, que tamén compite en Xogade, fíxose na tempada pasada unha proba piloto para ver se había demanda.  O resultado, numerosos/as nenos/as implicados/as cos seus pais e nais nunha actividade pensada para conectar coa natureza e aprender a camiñar polo monte. “Temos máis de 20 participantes aos que se suman os pais e nais. Desfrutan da actividade conectando coa natureza e aprendendo a respectar o monte. Está resultando moi gratificante con saídas de 4 a 7 quilómetros nas que camiñan e fan treitos de carreira con técnica, sempre orientado a crear grupo. Os pais/nais din que os/as nenos/as  sempre queren máis e chegan felices a casa”, asegura Manuel Lorenzo Varela, alcalde do Concello de Chantada.

Cunha media de entre 550 e 600 participantes por ano, as Escolas Deportivas Municipais de Chantada desenvolven as súas clases no Pavillón Deportivo Municipal, nos pavillóns dos Centros de Ensino da vila, no Estadio Municipal do Sangoñedo e na Piscina Climatizada. As actividades deportivas para maiores teñen lugar principalmente a partir das 10:00h e das 20:00, mentres que as destinadas a rapaces e rapazas terán lugar principalmente polas tardes.

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...