O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile de Comparsas que comezaba puntual ás 18:00h para percorrer as rúas da vila. O evento reuniu un total de 11 comparsas que xuntaron a 600 persoas nunha xornada na que a climatoloxía aliouse coa celebración. Ata Chantada achegáronse a desfilar representacións entroideiras doutros concellos como O Saviñao, Monforte de Lemos, Amoeiro, Maside, O Carballiño, Villamarín ou Rodeiro, ademais das comparsas locais.
Un ano máis o defile estaba encabezado polo Entroido Ribeirao e partiu da Avda de Lugo para pasar pola Praza de Santa Ana onde as comparsas fixeron as súas escenificacións e seguir cara Catro Camiños, rematando na Praza de Galicia onde volveron actuar ante o xurado, composto por 5 membros da orquestra La Travesía que amenizaría tamén a verbena posterior.
Os membros do equipo de goberno encabezados polo alcalde, Manuel Lorenzo Varela, foron os encargados de entregar os premios.
PREMIOS DO DESFILE DE ENTROIDO DE CHANTADA 2026
COMPARSAS ADULTOS
1º Premio: 700,00 € Guardianes del fuego eterno, Os Arrieiriños de Dacón. Comparsa chegada de Maside.

2º Premio: 500,00 € De safari por Chantada, do Carballiño.
3º Premio: 300,00 € Liñares Factory Team. Parada de Amoeiro.
COMPARSAS INFANTÍS
1º Premio: 700,00 € Asterix no corazón de Gallaecia, de Chantada.
2º Premio: 500,00 € Circo Estrela, O Saviñao.
3º Premio: 300,00 € Los Minions, de Chantada.
COMPARSAS ADULTOS LOCAIS
1º Premio: 500,00 € Yabba Dabba Doo
COMPARSAS INFANTÍS LOCAIS
1º Premio: 500,00 € Asterix no corazón de Gallaecia.

2º Premio: 300,00 € Los Minions.
3º Premio: 200,00 € Ritmo na ribeira Carnaval Mernes.

