HomesociedadeO comercio asociado de Chantada celebra o 'Día d@ Nen@'

O comercio asociado de Chantada celebra o ‘Día d@ Nen@’

Será este 11 de setembro e a cativada terá unha chea de atraccións e actividades para pasalo en grande na contorna das Piscinas Municipais entre as 16:30 e as 19:30 h.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra organizarán unha xornada festeira para os e as pequenos/as da casa como remate a esta semana de volta ás aulas e comezo do novo curso escolar.

Trátase do evento coñecido como ‘Día d@ Nen@’ e nel ofrécense diferentes atraccións, actividades e oferta gastronómica para pasar unha tarde espectacular na contorna das Piscinas Municipais en horario de 16:30 a 19:30 h. Para poder participar delas cómpre presentar xustificante de compra nos establecementos asociados con data do 9, 10 ou 11 de setembro e cun importe mínimo de 10 euros.

No que se refire ás propostas de lecer que se ofrecerán, en concreto haberá: touro mecánico, Wipe-Out, Whack-a-Mole, Inchable Super Mario, Festa da Escuma e animación musical. E no apartado gastronómico, para recuperar forzas despois de tanta acción, haberá carriño de ‘perritos calientes’ e ‘carriño de flocos de millo’.

Esta actividade dinamizadora do comercio local de Chantada está financiada pola Xunta de Galicia e Comercio Galego e conta coa colaboración do Concello de Chantada.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...