HomesociedadeAnimalistas denuncian a situación deplorable de nove cans en Taboada

Animalistas denuncian a situación deplorable de nove cans en Taboada

A asociación Libera critica o "desinterese" da Xunta e do Concello e piden que se axilicen os trámites para incautar cautelarmente estes animais.

Publicado o

- Advertisement -

A asociación animalista Libera denunciou esta mañá o “desinterese” da Xunta ante un caso de presunto maltrato animal continuado en Taboada. Aseguran que esta situación xa foi denunciada no ano 2018, pero a día de hoxe os animais seguen nas mesmas condicións.

Libera explicou que, malia ter solicitado unha incautación cautelar dos animais ao Xulgado de Instrución nº1 de Chantada, ese decomiso “non chega”. Varios meses despois, os cans seguen no mesmo lugar, baixo o suposto coidado do Concello de Taboada. Porén, Libera considera, en base a unhas fotografías recentes, que a administración local non se preocupou polos animais.  “Seguen atados e con cachos de pan como único alimento”, lamentaron os animalistas.

Critican, ademais, que dito concello “nin sequera cumpra coa Lei de Benestar Animal de Galicia ao non dispór dun centro de recollida”.

MALTRATO ANIMAL “OCULTO”

Libera quéixase de que a Xunta non estea axilizando os trámites deste caso, igual ca fixera cos cadelos da falecida Alma. Acusan o goberno autonómico de ignorar as decenas de casos “ocultos” de maltrato animal que se reproducen en toda Galicia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...