HomeMedio ambiente e PatrimonioTaboada incautará cinco cans a un veciño, pero nega que estivesen en...

Taboada incautará cinco cans a un veciño, pero nega que estivesen en malas condicións

Un colectivo animalista lamentara a situación "deplorable" destes animais, que xa foran obxecto dunha denuncia hai meses. Acusaban o Concello de desentenderse do seu coidado, pero o edil de Medio Ambiente desmente esa información.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Taboada confirmou que se comisarán cinco cans que tiña un veciño da localidade e cuxa situación fora cualificada de “deplorable” pola asociación animalista Libera. A administración local procederá á incautación esta mesma semana, da man dunha protectora coa que ten un convenio.

O concelleiro de Medio Ambiente, Luis Gomez, negou a información dos animalistas, quen acusaran o Concello de desentenderse do benestar destes animais. Segundo explicou Gómez, o Concello de Taboada ocupouse en todo momento do coidado e alimentación destes cinco cans, dado que lles levaban penso de forma periódica.

Ademais, o edil de Medio Ambiente puntualizou que seis dos once animais que había na leira xa foron retirados pola protectora que ten convenio co Concello. Nestes momentos atópanse ao coidado de familias de acollida. Neste sentido, Libera lembrara nos últimos días unha orde emitida polos Xulgados de Chantada, na que se requiría o comiso dos animais “en xullo do 2019”.

A maiores, Luis Gómez sinalou que os animais foran visitados en varias ocasións por veterinarios, a solicitude do Concello, para comprobar o seu perfecto estado de saúde.

Animalistas denuncian a situación deplorable de nove cans en Taboada

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...