HomesociedadeNevaradas en concellos do leste e sur da provincia

Nevaradas en concellos do leste e sur da provincia

Hai 19 concellos da provincia moi afectados pola intensa nevarada, entre outros Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, O Incio, Samos e Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo activou o dispositivo de inverno e traballa en máis de 120 estradas de 19 concellos da provincia para despexar o xeo e a neve na primeira onda de frío da tempada.

Na rolda de prensa posterior á xunta de goberno da institución provincial, a deputada Pilar García Porto explicou que operarios traballan das 7:00 horas da mañá deste venres para garantir a circulación nestas vías.

García Porto concretou que se traballa “en máis de 120” estradas de 19 concellos da provincia de Lugo, sobre todo na montaña, “a Chaira (Terra Chá) e o sur da provincia que é onde xurdiron os principais problemas”. Toda a información no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

A ‘Quiroga Bike Marathon’ anuncia data para 2027

Os organizadores da "Quiroga Bike Marathon", unha das probas de MTB de referencia no...

O BNG de Monforte demanda mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil

O voceiro municipal do BNG, Emilio J. Sánchez, asegura que en distintas rúas de...

Turismo, sector primario e empresas na axenda do PP no sur da provincia

Na visita a Queserías Sarrianas, Francisco Conde, destacou a impacto desta empresa na fixación...

Certame de Poesía Infantil de Nadal en Monforte

O Concello de Monforte vén de concovar unha nova edición do Certame de Poesía...